Saltar ao contido

Orangután de Borneo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Orangután de Borneo

Macho adulto de orangután de Borneo no Parque Nacional Tanjung Puting.

Femia e cría de orangután de Borneo no zoo Bojnice.
Femia e cría de orangután de Borneo no zoo Bojnice.

Estado de conservación
Crítico
Crítico[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Subfamilia: Ponginae
Xénero: Pongo
Especie: P. pygmaeus
Nome binomial
'Pongo pygmaeus'
(Linnaeus, 1760)
Área de distribución do orangután de Borneo.
Área de distribución do orangután de Borneo.

Área de distribución do orangután de Borneo.
Subespecies

P. p. pygmaeus
P. p. morio
P. p. wurmbii

O orangután de Borneo (Pongo pygmaeus) é unha especie de orangután nativa da illa de Borneo. Á súa vez, o orangután de Borneo está dividido en tres subespecies: o orangután de Borneo do noroeste (Pongo pygmaeus pygmaeus), o orangután de Borneo do nordeste (Pongo pygmaeus morio) e o orangután de Borneo meridional (Pongo pygmaeus wurmbii). Xunto co orangután de Sumatra e o orangután de Tapanuli, conforma o único xénero de grandes simios de Asia. Esta especie é a máis numerosa, cuns 45 000 individuos vivindo en estado salvaxe, en contraposición cos 7500 que se estiman de orangután de Sumatra e os 800 do orangután de Tapanuli.

Ao igual que os demais grandes simios, os orangutáns teñen unha intelixencia moi desenvolvida, sendo quen de empregar ferramentas e amosar patróns culturais en liberdade. Ademais diso, os orangutáns comparten aproximadamente o 97% do seu ADN cos humanos.[2]

O orangután de Borneo é unha especie en perigo de extinción e as maiores ameazas para a súa supervivencia son a deforestación do seu hábitat, a caza e o tráfico ilegal dos seus individuos no mercado negro.

  1. Ancrenaz, Mark; Gumal, M.; Marshall, Andrew; Meijaard, Erik; Wich, Serge A.; Hussons, Steve J. (2016). "Pongo pygmaeus". Lista Vermella da IUCN. 2016.1 (International Union for Conservation of Nature): e.T17975A17966347. doi:10.2305/IUCN.UK.2016-1.RLTS.T17975A17966347.en. Consultado o 5 de setembro de 2016. 
  2. Orangutan Foundation International. "Orangutan Facts". Consultado o 16 de xullo de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]